Políticas da tenda
Aquí podes atopar unha pequena guía sobre o funcionamento da tenda de D’AQELOUTRE
Envíos
Actualmente enviamos as nosas pezas a toda Europa. Se resides fóra desta zona e estás interesade en adquirir algunha das obras, paxariñas ou tote bags, por favor, ponte en contacto connosco a través deste correo electrónico: daqeloutre@gmail.com
Moitas grazas.
Tempo de entrega
Precisamos de 3 a 5 días pra preparar a túa compra con coidado. Se necesitas que o teu envío saia o antes posible ou precisas que se entregue nunha data concreta, por favor, fainos saber con antelación antes de realizar a túa compra enviándo un email a daqeloutre@gmail.com
Tempos estimados de envío
España: 1-3 semanas
Europa: 1-3 semanas
Farei todo o posible por cumprir cos prazos de envío estimados, pero non podo garantilos.
Tarifas e dereitos de aduana
A persoa que realice o pedido pagará as tarifas e dereitos de aduana aplicables. Non nos facemos responsables dos retrasos debidos aos trámites aduaneiros.
Devolucións
Soamente acéptanse devolucións no caso de que as obras e pezas cheguen danadas, nese caso, ponte en contacto connosco antes das 24 horas posteriores á chegada do envío, fai fotografías tanto da peza como do paquete pra que poidamos averiguar que ocorreu. Se o problema foi coa compañía de transporte, reembolsarémoste nun prazo de 30 días posteriores a entrega da peza/obra/tote bag danada. Lembra que a persona que realiza a compra é responsable dos gastos de envío da devolución. Recomendámoste que utilices un servizo de envío rastrexable pra garantir que a túa devolución chegue ao seu destino sen contratempos.
Pra aceptar unha devolución, é importante que os artigos esten no seu estado orixinal, sen usar e no seu embalaxe orixinal. Reservámonos o dereito de rexeitar calquera devolución que non cumpra con estes requisitos e os anteriormente mencionados.
Por favor, inclúe nome e apelidos, dirección, email e número de contacto pra que o reembolso poida ser correctamente procesado. Se non inclúes os datos correctamente non podemos garantir que o teu reembolso poida ser procesado. Grazas pola túa comprensión e colaboración!
Antes de comprar unha das obras, pezas ou tote bags asegúrate de ter lido detidamente as Políticas da tenda. Tomamos fotos de alta calidade pra que poidas saber coa maior precisión posible o que vas recibir.
Políticas de Privacidade
Protección de Datos Personais
Na nosa tenda en liña, levamos moi en sério a privacidade dos teus datos persoais. Queremos que saibas que cumprimos coa normativa europea de protección de datos, incluíndo o RGPD, para garantir que os teus datos estean protexidos en todo momento. Cando fas un pedido, só recopilamos a información necesaria para procesalo e mellorar a túa experiencia de compra. Nunca compartiremos os teus datos con terceiros sen o teu consentimento, agás que sexa necesario para cumprir coas nosas obrigacións legais ou mellorar os nosos servizos, como por exemplo, con proveedores de servizos de envío.
Se tes algunha pregunta sobre como manexamos os teus datos ou queres exercer os teus dereitos de privacidade, non dubides en contactar connosco! Estamos aquí para axudarche.
© Daqeloutre 2024. All rights reserved.