Aesthetic Corner Shape
svg manga exclamation mark element

Deseñando arte pra ti

Descobre a Colección

Descobre ilustracións que escachan moldes, sacas tote que desafían as normas e paxariñas tan únicas coma ti.

Arte único, nun clic

Pide por esa boquiña, e recíbeo na casa

¿Xa lle botaches o ollo a túa paxariña, ilustración ou tote bag favorita?

Só enche o formulario e dinos cal é o deseño que máis che mola. Do resto, encargámonos nós, dende confirmar o teu pedido ata levalo a túa porta.

Ponlle un toque de arte feito a man a túa vida!

Descobre o que os clientes opinan sobre as creacións

Testimonial Stars Icon


Buscaba un agasallo especial e atopei unha ilustración perfecta. Tamén me tentou unha tote bag pra min. Estou feliz ca miña compra. Moi recomendable!


Uxía C.

Testimonial Stars Icon

Non puiden resistirme a mercar unhas paxariñas. Boa calidade e axústanse perfectamente ao pescozo. Ademais, encántame que sexan tan versátiles, úsoas tanto pra eventos formais como pra o día a día.

Javier F.

Testimonial Stars Icon

Necesitaba un regalo especial pra o meu sobriño. A orixinalidade e estilo das paxariñas foi unha verdadeira sorpresa que deixou a todos marabillados. Estou encantada.

Teresa P.

Suitcase Doodle

Cómo comezou todo

Así comezou a historia de D'AQELOUTRE, unha viaxe que xurdiu dun simple paseo polos camiños, baixo un ceo gris brancuzento que irradiaba unha luz máxica. Nese día peculiar, onde o sol se agochaba pero o seu resplandor reflectíase en cada recuncho, os meus ollos pousáronse nun montón de materiais abandonados ao carón dun muro. Entre eles, destacaba unha maleta verde escuro, con selos de diferentes países adornando a súa superficie desgastada.

A pesar do seu aspecto deteriorado, algo en min sentiuse atraíde por esa maleta. Unha voz interior marmurábame que podía darlle unha nova vida, unha segunda oportunidade. Así que decidín levala comigo e dedicarlle tempo e esforzo pra restaurar o seu interior, usando unha tea que atopei preto, nunha tenda de tecidos. Cada puntada, cada detalle, era unha forma de devolverlle o seu antigo esplendor.


Unha vez que a maleta estivo restaurada, topei cun dilema: que facer cos retallos de tea que sobraran? Foi entón cando unha idea brillante cruzou pola miña mente: por que non crear unha paxariña pra usar no meu casamento? Con dedicación e creatividade, confeccionei unha fermosa paxarela que destacou con elegancia o día do meu enlace.


Os eloxios e admiración de familiares e amigues non tardaron en chegar, algúns incluso suxeriron que podería dedicarme a facer paxariñas de forma profesional. Aquela semente de pensamento xerminou na miña mente e fíxome reflexionar: por que non compartir os meus deseños únicos co mundo? Por que non crear unha web onde puidera ofrecer as miñas creacións a aquelas persoas que aprecian a orixinalidade e o arte feito a man?


Decidín, entón, que D'AQELOUTRE non só sería unha plataforma pra amosar as miñas paxariñas, senón tamén un espazo onde podería incorporar as miñas propias ilustracións e incluso deseñar tote bags. Cada peza, dende as paxariñas ata as ilustracións vibrantes e as tote bags únicas, están feitas con moito agarimo, e co compromiso de evitar o uso de plásticos, así como de utilizar telas recicladas sempre que sexa posible na confección das paxariñas.


E así, con esa faísca de inspiración, naceu D'AQELOUTRE. O nome, enraizado no galego, reflicte un significado profundo: "de" e "aquelo", seguido por "outre", que fai referencia a esa outredade identitaria. É máis que unha simple marca; é un símbolo de inclusión, identidade e descubrimento. Cada peza que emana do taller leva consigo non só a paixón e dedicación, senón tamén un anaco da maxia que comezou con esa maleta abandonada nun camiño de Galicia.

Respostas as túas preguntas

¿Onde podo ver as medidas?



En cada páxina de cada colección, tanto como na de paxariñas, ilustracións e tote bags, proporcionase información específica sobre as dimensións de cada elemento pra que saibas exactamente que esperar cando recibas o teu pedido.


¿En canto tempo recibirei os meus pedidos?



Pra envíos dentro de Europa, os pedidos poden tardar entre 1 a 3 semanas. Se reside fóra desta zona e está interesade en adquirir algunha das obras, paxariñas ou tote bags, por favor, poñase en contacto a través deste correo electrónico: daqeloutre@gmail.com


Nos envíos internacionais, o tempo de entrega depende do país de destino. Recomendase facer os pedidos con antelación, especialmente durante épocas de maior afluencia como o Nadal. Estes son prazos de entrega estimados e poden variar dependendo do volume de envíos, as condicións meteorolóxicas e as festas locais. Pra detalles adicionais, podes consultar as políticas da tenda.


¿Qué materiais empregas ?



Nas creacións, empreganse telas recicladas de algodón, sempre que sexa posible, tratando de minimizar o impacto ambiental e dándolles unha segunda vida a estes materiais.


Cada paxariña, ilustración e tote bag está feita con agarimo e preocupación polo medio ambiente, asegurando que sexan tanto fermosas como sustentables.


Redes

Email Sign Icon

daqeloutre@gmail.com

SÉGUEME POR AQUÍ

©Daqeloutre 2024. All rights reserved.